Aparatoso accidente nas proximidades do tanatorio de Xarás

    accidentexaras.jpgRIBEIRA> No suceso víronse implicados ata un total de tres vehículos, aínda que ningún dos seus ocupantes sufriu danos de consideración.

    {flowplayer}barbanza/accidentexaras.flv{/flowplayer}

    O accidente producíase ó redor das cinco desta tarde, na estrada AC-550, á altura do tanatorio de Xarás. Segundo relataron a esta redacción as propias testemuñas do acontecido, un dos vehículos implicados na colisión, un turismo marca citroen xsara de cor azul ó incorporarse á vía dende un dos laterais da estrada, invadiu o carril, colidindo frontolateralmente contra outro vehículo, un seat ibiza de cor gris. A condutora deste último, tratando de evitar o choque, saíuse da vía, batendo tamén contra outro automóbil, un monovolume da marca mercedes, que se atopaba estacionado nun aparcamento dun restaurante da zona, para rematar empotrándose contra a cuneta.

    No suceso tamén se viron implicados dous peóns, unha nai e unha filla, que no momento do accidente transitaban pola beiravía da estrada e que se viron sorprendidas polo vehículo. Por fortuna e a pesar da espectacularidade do accidente, nin os ocupantes dos vehículos nin tampouco os peóns sufriron danos de consideración. Aínda así, condutora do seat ibiza e a menor foron trasladadas en ambulancia ata o hospital comarcal onde a estas horas xa lles deron a alta.

    Atropelo Muros

    O aotropelo tiña lugar ás tres da tarde, á altura do centro médico, á entrada da localidade. Segundo os datos ós que tivo acceso esta redacción, o estado da nena era grave, razón pola cal foi necesaria desprazar á zona un helicóptero medicalizado que a trasladou ata o hospital clínico de Santiago.

    Redacción Barbanza