O PP muradán favorable ó traslado das xaulas de salmón

ppmurosxaulassalmon.jpgMUROS> Para os membros desta formación política o proxecto posibilitará a creación de novos postos de traballo na vila.

{flowplayer}barbanza/ppmurosxaulassalmon.flv{/flowplayer}

Sen querer entrar en polémica algunha, dado o rexeitamento unánime da totalidade das confrarías de pescadores da zona e das asociacións de mexilloeiros, o voceiro e candidato á álcaldía de Muros polo Partido Popular, José Antonio Siaba, pronunciouse de xeito favorable á instalación das xaulas de salmón no polígono de bateas Muros C, ó considerar que serán positivas de cara a creación de postos de traballo. Algo que para el debe ser prioritario nestes momentos.

Exhaustivos controis

Segundo José Antonio Siaba, unha vez instaladas, levarase a cabo un exhaustivo control das mesmas co fin de determinar se son prexudiciais e contaminantes para a zona. De ser así serán os primeiros en opoñerse a elas e pedir a súa retirada inmediata.

Cariz político

Dende o PP muradán consideran ademais que o tema está a adquirir un certo cariz político, cunhas eleccións municipais ó fondo, nas que tanto PSOE como o BNG queren sacar rédito electoral.

Redacción Barbanza