O papel dos concellos, clave na loita contra o narcotráfico

    narcotrafico copia100.jpgVILAGARCÍA> O BNG local reuniuse coa Fundación Galega contra o Narcotráfico para coñecer as súas opinións e necesidades.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_FUNDACION_GALEGA_NARCOTRAFICO.flv{/flowplayer}

    Prevención, divulgación e ofrecer alternativas de ocio saudable entre os máis novos, son as funcións fundamentais que os concellos deben desenvolver na loita contra o narcotráfico e o consumo de drogas. Cando menos, iso ven de asegurar a Fundación Galega que loita contra este problema, que hoxe mantivo unha xuntanza con representantes do BNG vilagarcián.

    Dende a Fundación, sinalouse o papel dos concellos como fundamental nesta loita debido á súa proximidade ós cidadáns, importancia que se reflicte nas accións que están a realizar no seo da Federación Galega de Municipios e Provincias para garantir políticas locais que afronten este problema. Un aspecto no que o candidato nacionalista, Xosé Castro Ratón, estivo de acordo.

    Con esta xuntanza, o BNG vilagarcián inicia unha serie de reunións destinadas a coñecer as necesidades e preocupacións de diferentes colectivos sociais antes das eleccións municipais do mes de maio.

    Redacción Salnés