{flowplayer}images/salnes/Pleno15Cambados.flv{/flowplayer}
O empate entre Xetafe e Atlétic no último partido desta xornada que se xogou onte, foi o que deu o pleno ó quince ó único acertante desta quiniela. Empate que se producía xa no tempo de desconto e que daba 1.550.000 euros ó propietario do boleto.
Os martes o bar Mar de Arousa ten as súas portas pechadas por descanso do persoal pero hoxe os seus propietarios, achegaráronse igual ata aquí, pois non era para menos. Este é o premio máis grande que deu a administración que se sitúa neste bar na súa historia.
O selado nesta administración é o máis antigo de Cambados. A familia Reboredo leva 57 anos repartindo sorte. Hai dous anos xa tiveran unha quiniela de catorce aínda que a cantidade foi bastante máis pequena, e tamén deron algún que outro premio da primitiva e da bonoloto. Aínda así ningún coma este.
Carmen agarda que mañá cando volva a abrir as portas do seu bar se saiba algo máis sobre a identidade do gañador, aínda que asegura dende a administración serán discretos e non revelarán o nome.
Redacción Salnés