A policía de Ribeira estrea sede

    novasedepol.jpgRIBEIRA> A policía local dispón xa dunha nova sede, moito máis moderna e funcional, para proporcionar un mellor servizo ós cidadáns.

    {flowplayer}barbanza/inauguracionsedepoliciaribeira.flv{/flowplayer}

    Os vinte e cinco axentes que compoñen o corpo da policía municipal de Ribeira, un dos máis importantes de Galicia, traballarán na nova sede emprazada no edificio anexo ós Xulgados.

    O inmoble componse de catro plantas e soto, que ocupan na súa totalidade unha superficie de máis de mil metros cadrados. O último piso acollerá parte do arquivo municipal.

    A construción das novas dependencias policiais supuxo un investimento de 1.250.000 euros incluíndo o equipamento e a dotación de sistemas de vixilancia. A Consellería de Administración Pública achegou unha partida de 350 mil euros. Uns fondos ben investidos, tal e como puido constatar o Conselleiro Alfonso Rueda tras percorrer as instalacións.

    Tralo traslado da policía local ó novo edificio, construído por Serinfra, as antigas dependencias que ocupaban na planta baixa da casa consistorial habilitaranse para acoller oficinas e outros servizos municipais.

    Redacción Barbanza