O C.R.D.O.R.B. pedirá á Xunta que aplique as sancións mínimas

    plenoconsello copia100.jpgPONTEVEDRA> A decisión foi votada por unanimidade polos 22 vocais do Consello Regulador, reunidos hoxe en pleno extraordinario.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_EXTRAORDINARIO_CRDORB.flv{/flowplayer}

    Interceder ante a Consellería do Medio Rural para que aplique as sancións no grao mínimo recollido na normativa, é a postura que manterá o Consello Regulador na polémica provocada polas posibles multas os viticultores que excederon as cotas de produción no 2009 e no 2010. Unha decisión que foi aprobada por unanimidade polos 22 vocais membros.

    Ademais desta cuestión, Unións Agrarias, sindicato promotor da convocatoria deste pleno, tamén presentou a petición de que o Consello elabore un censo actualizado de produtores e viñedos. Unha labor que, segundo Meiriño, corresponde ós asociados.

    Mentres no interior do pazo de Mugarteui os membros do Consello Regulador se reunían para tratar os posibles cambios na normativa do organismo, centos de viticultores convocados polo sindicato UUAA concentráronse ante o edificio para esixir esas modificacións. Queremos producir, non delinquir ou as nosas uvas son todas Rías Baixas, foron algunhas das consignas máis repetidas.

    Pola súa banda, a pesares de que Unións Agrarias interpretou positivamente o cambio de talante do Consello, non se amosaron satisfeitos coa súa decisión.

    Redacción Salnés