‘A PO-308 en Raxó non ten beirarrúas pola incompetencia do bipartito’

    pppoiopo308 copia.jpg POIO> Segundo o PP local, o goberno municipal non asinou o convenio aprobado pola Xunta en maio do 2007 para executar estas obras.

    {flowplayer}images/salnes/PP_POIO_PO_308.flv{/flowplayer}

    Segundo un informe remitido hai uns días pola consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas ó Partido Popular de Poio, o 3 de maio do 2007, o consello da Xunta asinou un convenio para dotar de beirarrúas o tramo da PO-308 que discorre por Raxó. A obra ascendía ós 928 mil euros, financiados ó cincuenta por cento entre goberno autonómico e concello. Segundo os populares, esa partida orzamentaria está perdida porque o goberno local non cumpriu coa súa parte do acordo e non aportou os 464 mil euros que lles correspondía. Por iso os populares denuncian agora que o bipartito local forme parte da recén creada Plataforma Poio pola Seguridade Viaria e Urbanización da PO 308.

    De acordo coa información remitida desde a Xunta, nestes intres habería tres proxectos para a mellora da vía. Un xa aprobado, e que comprendería desde a rotonda de Lourido á Pinela. O segundo, xa redactado, estaría en fase de supervisión e afectaría ó tramo de Samieira a Raxó. E quedaría un terceiro en fase de levantamento topográfico.

    Unha vez listo este proceso, os populares propoñen unha xuntanza entre as entidades implicadas para decidir como e qué obras se empezarán primeiro.

    Redacción Salnés