A participación, o emprendemento máis adecuado para a mocidade

    xuventudes copia100.jpg SANXENXO> A conferencia buscaba Informar sobre axudas que Xunta oferta a favor do emprendemento.

    {flowplayer}images/salnes/CONFERENCIA_NOVAS_XERACIONS.flv{/flowplayer}

    O acto contou coa intervención do Director Xeral de Xuventude, Ovidio Romero, que explicou o contido do plan Estratexia Xuventude 2013 da administración autonómica insistindo en que, a mellor fórmula de emprendemento para a xente nova, é a participación.

    Dentro das 254 coas que conta a Estratexia Xuventude 2013, Romero centrouse na explicación do programa Iniciativa Xove, que dispón fondos para o financiamento de proxectos de emprendemento básicos de xente nova.

    Ademais, o Director Xeral de Xuventude fixo un chamamento á mocidade e sinalou a toma da iniciativa e o desenvolvemento de novas ideas como as bases para a creación de emprego.

    Redacción Salnés