Catalina González optará a revalidar a alcaldía popular

    ppsanxenxo copia100.jpg SANXENXO> González asegurou que a conta atrás cara os comicios será dura, pero amosouse satisfeita coa súa xestión.

    {flowplayer}images/salnes/PRESENTACION_PP_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Despois de que Miguel Ángel Pérez fora confirmado como candidato no Grove, a cúpula popular trasladouse a Sanxenxo para asistir á presentación da alcaldable da vila. Catalina González, que será a representante do Partido Popular no municipio nas vindeiras eleccións, asegurou que a conta atrás cara os comicios será dura, pero amosouse satisfeita coa xestión do seu partido nesta lexislatura.

    Catalina González asegurou estar segura de poder renovar a alcaldía despois da cita coas furnas do mes de maio. Unha afirmación na que contou co apoio dos presidentes autonómico e provincial, que ademais criticaron duramente á oposición.

    A candidata popular recordou que o contexto de crise económica seguirá patente na vindeira lexislatura, que asegurou estará marcada pola potenciación do turismo na vila.

    Redacción Salnés