A ampliación da lonxa da Pobra estará rematada en 2012

    remodelacionportopobra.jpgPOBRA> Portos de Galicia investirá dous millóns e medio de euros na remodelación do porto da Pobra.

    {flowplayer}barbanza/remodelacionportopobra.flv{/flowplayer}

    O presidente de Portos de Galicia visitou o concello da Pobra para presentar os proxectos incluídos no Plan de Remodelación do espazo portuario.´

    Ampliación da lonxa

    A reforma da lonxa, presupostada en preto de novecentos mil euros, contempla o mantemento parcial da estrutura actual coa ampliación da superficie en 190 metros cadrados. A nave existente conectarase coa nova área a través dun pasadizo potenciando o valor estético da edificación integrada no seu contorno. Procederase tamén á substitución da cuberta para acabar cos problemas de filtracións.

    Ó carón da nova lonxa, en paralelo, emprazaranse os departamentos para usuarios en dous volumes.

    Estación de servizo

    A última actuación consistirá na construción dunha gasolineira na zona do pantalán do club de remo, que dará servizo tanto vehículos como embarcacións. O concurso para a execución da obra e a concesión por trinta anos publicarase no DOG no prazo de dúas semanas.

    Todas estas actuacións pretenden seguir complementando un dos portos de referencia en Galicia no que conviven de xeito harmónico tódalas actividades.

    Dende o departamento autonómico estímase que a licitación dos proxectos podería ser unha realidade no mes de xullo e as obras estarían rematadas o próximo ano.

    Redacción Barbanza