Boiro foi o concello con máis visados de viviendas en 2010

    balanceurbanismoboiro_100.jpgBOIRO> Ademáis de superar os municipios de Barbanza e Muros-Noia situouse como o quinto concello da provincia de A Coruña.

    Segundo o informe publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, durante o ano 2010, no concello de Boiro visáronse noventa vivendas, fronte as cincuenta de Ribeira, as 32 na Pobra ou as 33 de Noia.

    {flowplayer}barbanza/balanceurbanismoboiro.flv{/flowplayer}

    Dentro das cincocentas oitenta licenzas outorgadas, oitenta e seis corresponderon a obras maior e as restantes a vivendas unifamiliares, apertura de establecementos e segregacións de parcelas. Asemade, durante o pasado ano o departamento de urbanismo boirés atendeu máis de novecentas consultas relacionadas co urbanismo e realizáronse un total de doce proxectos para a solicitude de subvencións, o que supuxo un aforro superior ós cen mil euros o non ter que externalizar este servizo.

    Plans parciais

    O edil responsable do urbanismo, Xoan León subliñou a eficiente atención o público e o gran esforzo en rehabilitación de vivendas e eliminación do feismo no casco urbano. Tamén se referiu a supresión de licenzas no núcleo antigo de Boiro.

    Por último, León falou da polémica xurdida polos Plan Parciais de Barraña e Cabo de Cruz. O edil de urbanismo admitiu que a crise no sector da construcción paralizou as propostas. Con todo, sinalou que nunca se escatimaron esforzos en informar á cidadanía.

    Redacción Barbanza