Luís Oujo releva a Tomé como cabeza de lista do PP sonense

novocandidatoppson.jpgPORTO DO SON> O PP presentou a Luís Oujo como novo candidato á alcaldía de Porto do Son trala renuncia de Manuel Tomé.

{flowplayer}barbanza/novcandidatoppson.flv{/flowplayer}

O ex- candidato e voceiro do PP sonense explicou que o abandono da carreira electoral débese estritamente a motivos persoais. Aclarou que se trata dunha decisión longamente meditada que responde á perda das ganas e da ilusión para asumir un reto tan importante.

Visiblemente emocionado quixo agradecer o apoio dos seus compañeiros de equipo e de todo o partido, ó que prestará toda a súa colaboración para recuperar a alcaldía do Son o próximo 22 de maio.

Proxectos

Luís Oujo, quen toma o relevo como alcaldable, agradeceu o voto de confianza depositado polo partido pasa liderar este proxecto. Á espera de perfilar o programa electoral, son moitas as iniciativas que ten en mente para darlle o pulo definitivo de progreso ó concello como a consecución do polígono, o desenvolvemento do PXOM ou a remodelación da fachada marítima.

Con respecto á confección da lista encabezada por Oujo, os responsables do partido non quixeron adiantar nomes aínda que o propio Manuel Tomé desbotou calquera posibilidade de seguir na primeira liña da vida política.

Co relevo do candidato ábrese unha nova etapa para o PP de Porto do Son na que Oujo comprometeuse a traballar con total compromiso e dedicación. Para centrarse na carreira electoral adiantou que case con toda seguridade abandonará a presidencia da patronal para adicarse en exclusiva ó deseño da campaña.

Redacción Barbanza