As obras da nova lonxa ribeiresa comezarán no verán

    RIBEIRA> Seguirán o proxecto deseñado polo arquitecto César Portela e Díaz y Díaz Avogados.

    A obra vén de ser adxudicada á empresa Acciona; que dispón a partires do verán de 38 meses para levala a cabo por valor de 17.3 millóns de euros. O delegado Territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo e o presidente de Portos de Galicia, eran os encargados de amosar as imaxes virtuais do que vai a ser este novo centro de traballo para os mariñeiros, vendedores, exportadores e demais xente do mar da capital barbanzá.

    A nova rula contará cunha superficie 17.000 metros cadrados distribuídos en tres alturas; un semisoto, con preto de 400 prazas de aparcadoiro; un baixo destinado ás áreas de exposición, venda, subhasta e expedición, ademáis de almacéns de exportadores, espazos de servizos aseos e oficinais; quedando o primeiro andar para instalar cafeterías e outros locais complementarios de uso administrativo.

     Esta lonxa contará cas máis modernas tecnoloxías e estará dotada de enerxías limpas que ofrecerán novas garantías para a trazabilidade, a conservación, manipulación e venda dos productos do mar. Esta obra levará parellas outras actuacións no entorno para axeitarse ás labores complementarias, como poden ser a carga e descarga neste espazo á carón do club náutico.

    Redacción Barbanza