Carrocerías Lede restaura un VW Escaravello do 1953

    MEIS> A empresa Carrocerías Lede de Meis ven de presentar o seu último traballo: a restauración dun Volkswagen, o chamado modelo Escaravello,…

    {flowplayer}images/salnes/coche_lede.flv{/flowplayer}

    …do ano 1953. Os traballaron comezaron no ano 2004 a partir dunha ampla investigación sobre este modelo. A recuperación comezou polo motor e este é o resultado deste coche que semella novo do trinque.

    A restauración de coches antigos como este adoita levar unhas 800 horas de traballo, posto que antes de comezar a fedellar no coche, cómpre levar a cabo un amplo proceso de estudio e procura das pezas antigas necesarias. No peor dos casos, procúranse recambios de agora que sexan semellantes ós orixinais. Con este método, Jaime Lede é quen de restaurar calquera reliquia de catro rodas que caia nas súas mans.

    Para aqueles nostálxicos destas antigas xoias da estrada só cabe indicar á dirección deste automóbil de restauración; atoparano no lugar de Nogueiró de Arriba, en Santo Tomé de Nogueira, en Meis.

    Redacción Salnés