Pachi Vázquez apoia en Catoira á candidatura local do PSOE

CATOIRA> Medio milleiro de persoas acudiron esta tarde en Catoira á Festa da Rosa da localidade, ó que ven sendo o xantar de confraternidade de…

{flowplayer}images/salnes/psoe_catoira.flv{/flowplayer}

… precampaña do PSdeG-PSOE de Catoira. Nesta reunión, o alcalde local, o socialista Alberto García, non só estivo respaldado por varios compañeiros de partido da comarca, senón tamén polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE , Pachi Vázquez, quen gabou a súa labor nos últimos anos e o puxo de exemplo do modo de gobernar dos socialistas.

O alcalde catoirense dá por bo o feito nos últimos catro anos; dado o gran esforzo feito en aqueles servicios, que malia non ser vistos directamente, son de principal necesidade para a veciñanza: como a depuradora municipal ou o abastecemento e saneamento de auga case no global do Concello. Asemade, salientou o Plan E do goberno central como un dos grandes motores da economía deste Concello nos últimos anos; e que fixo posible multitude de obras neste vértice da ría de Arousa.

Dentro das obras acometidas nos últimos catro anos, García salientou a recuperación da Lagoa de Pedras Miúdas, a realización do paseo do Muíño do Cura ata Valga, ademais destoutras.

O Alcalde de Catoira anunciou tamén a apertura do centro de día a mediados do mes que ven, así como e o entorno de Fonte Gaiteira.

Redacción Salnés