Portas conta desde hoxe unha nova biblioteca-casa cultural

    PORTAS> Esta mañá inaugurouse en Portas a Casa da Cultura-Biblioteca Domingo Fontán, en Portas. Un edificio de dous andares e de preto de 330…

    {flowplayer}images/salnes/biblioteca_portas.flv{/flowplayer}

     … metros cadrados que servirán para albergar as actividades culturais e sociais precisas, ó tempo que se honra memoria dun dos veciños máis ilustres deste Concello.

    Esta actuación supuxo unha inversión de algo máis de 123.000 euros cos que se crearon un baibo, cun salón de actos-biblioteca, unha oficina, cafetería e baños e un primeiro andar que servirá de almacén. E para estrear esta nova biblioteca, nada mellor que a exposición Portas e Fontan. A Memoria Histórica do Territorio, no que se recollen algúns antigos mapas, planos, fotos aéreas e outros aparellos cos que Fontán foi quen de realizar a Carta Xeométrica de Galicia, a súa producción máis destacada.

    Esta exposición permanecerá neste Concello ata o vindeiro día 17, tempo no que tanto os escolares como os veciños da contorna se poden achegar a este lugar a coñecer os orixes da cartografía.

    Redacción Salnés