O Consorcio preto de facerse con dúas plantas de Alfageme

    conselleiro_igapecopy.jpgSALNÉS> O preacordo entre conserveira e Xunta inclúe a recolocación de 150 traballadores nas plantas de Ribadumia e Vilaxoán.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    O grupo conserveiro Consorcio podería converterse no próximo propietario das plantas que Alfageme posúe en Vilaxoan e Ribadumia.

    A empresa cántabra chegou onte a un preacordo coa Xunta no que se compromete a recolocar a un total de 150 traballadores. Para ser definitivo deberá conseguir o visto bo do xuíz encargado do proceso concursal da conserveira.

    Estas condicións asumidas polo Consorcio, son as que decantaron á Consellería de Economía e ó Igape pola oferta do grupo cántabro das dúas plantas e da marca Miau. Un preacordo que esta mañá contou co visto bo de CIG e CCOO e foi presentado ante o xulgado encargado do proceso concursal que afecta a Alfageme.

    Os traballadores reincorporaríanse os seus postos coa condición de persoal indefinido fixo discontinuo por necesidades técnicas de acondicionar as plantas, unha proposta que foi comprendida por Comisións Obreiras pero rexeitada de pleno dende CXT. A forza sindical asegurou hoxe que manterán o recurso contra a extinción dos contratos das traballadoras de Alfageme presentado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

    Con este preacordo, o Consorcio comprométese ademais a invertir 9 millóns de euros e adiantar 2 millóns 800 mil para afrontar os gastos de arranque da actividade, algo que podería ser inminente despois de producirse a decisión do xuíz, como moi tarde, a última semana de abril.

    Redacción Salnés