Solicitan unha avaliación completa dos efectos da cría de salmón

novaxuntanzagaiolas.jpgNOIA> Os colectivos profesionais da ría de Muros-Noia deron a coñecer os informes contrarios á cría de salmón presentados a pasada semana na Xunta.

{flowplayer}barbanza/novaxuntanzagaiolassalmon.flv{/flowplayer}

A preocupación do sector da ría de Muros-Noia reflectiuse na elevada participación na sesión informativa na que se presentaron os informes que recollen os prexuízos medioambientais da instalación dos viveiros de salmón e que se entregaron á Conselleira do Mar, tal e como esta lles solicitara.

Os biólogos Alberto de Coo e Liliana Solís explicaron ó público asistente as teses destes informes elaborados por distintos investigadores, Universidades e grupos ecoloxistas.

Avaliación completa

Dende o sector reclamar a Mar que avalíe o impacto ambiental da instalación do proxecto completo, unha planta preto de corenta gaiolas, e non unicamente dos resultados obtidos ca instalación de dous viveiros experimentais.

Ademais, o biólogo insistiu en que as comprobacións se fixeron a metade do período de engorde dos salmóns e tan só cunha pequena mostra de exemplares, ós que non se lles administrou medicamentos nin produtos químicos. Polas tanto, insistiu o especialista, os resultados son parciais e completamente nesgados.

Informes contradictorios

O investigador tamén puxo en dúbida a veracidade da documentación aportada polo Clúster de Acuicultura na que se afirman a inocuidade medioambiental do cultivo do salmón. Son nestes informes nos que se apoia a Consellería do Mar para dar luz verde a instalacións dos viveiros.

Hai dous anos, como portavoz de Pesca do Grupo Popular no Parlamento, José Manuel Balseiro e o director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Maneiro dubidaban da viabilidade ambiental e económica desta clase de modelo de cultivo.

Redacción Barbanza