O Extrugasa aproba con nota o trámite de Olesa

SALNÉS> O Extrugasa xogou onte o seu derradeiro partido de liga ante a súa afección. As vilagarciáns superaron sen problemas ó Olesa de Barcelona, un equipo xa descendido que apenas opuxo resistencia. O final 76-42 para o cadro local.

{flowplayer}images/salnes/Extrugasa_310311.flv{/flowplayer} 

Feliz fin de festa para o Extrugasa que puido celebrar unha victoria diante da súa afección case tres meses de acadar a última, alá polo 15 de xaneiro ante o Girona. Onte tiñan enfronte a un rival xa descendido e que chegaba cunha xeira de dez derrotas consecutivas, agora once, que lle colocan último na táboa. O Olesa é un equipo mermado logo da espantada de gran parte do plantel a metade de temporada unha vez que os problemas económicos comezaros a ser graves.

O encontro quedou resolto no primeiro tempo. Ylenia Manzanares, con 6 puntos e 8 rebotes nos dez primeiros minutos, guiou ó seu equipo cara as primeiras vantaxes, que superaron moi cedo a decena de puntos. Con Vinuchalova moi activa na pintura, as diferencias fóronse ata os 20 antes do descanso, 39-19.

No terceiro cuarto as locais baixaron en concentración e iso permitíu que o Olesa empatase ese parcial, se ben no último volveu a intensidade e a diferencia foise ata os 34 puntos co 76-42 final.

Vinuchalova, con 19 puntos foi a máxima anotadora do encontro, se ben a mellor volveu a ser Ylenia Manzanares, con un dobre dobre en apenas 18 minutos de xogo: 13 puntos e 10 rebotes para a rioxana para un total de 20 de valoración. Outra das notas positivas foi os máis de dez minutos que Tito Díaz mantivo en pìsta á canteirán Alejandra Carballa, se ben foise sen anotar.

O Extrugasa é noveno na xeral. Se gaña o sábado no derradeiro partido en Navarra podería incluso optar a séptima posición se perden Ibiza e Hondarribia.

Redacción Salnés