Os restos da pasarela de Vista Alegre conservaranse ó descuberto

    policiapleno copia.jpgVILAGARCÍA> Así o decidiron esta tarde no pleno da corporación. Na sesión mesmo tivo que intervir a Policía Local.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_VILAGARCIA_VISTA_ALEGRE.flv{/flowplayer}

    Os restos da pasarela de Vista Alegre, na rúa Arzobispo Andrade de Vilagarcía, serán finalmente conservados ó descuberto cunha ventá arqueolóxica.

    A Comisión en defensa do Patrimonio histórico de Vilagarcía e Zona Aberta volveron intervir esta tarde no pleno da corporación para solicitala posta en valor e conservación dos restos da pasarela de Vista Alegre.

    O asombro chegou cando unha veciña tamén fixo a súa contribución, neste caso, apostando por cubrilos restos. Se o ambiente estaba tenso, a partires deste momento incrementouse. Pero a edil de Urbanismo, Tania García, insistiu na recomendación dos técnicos de cubrilos restos. Ó tempo ensinou un anteproxecto, duns 31.000 euros, para a conservación dos restos.

    A raíz destas palabras, o voceiro popular, Tomás Fole, sinalou que os informes dos técnicos non son concluíntes, mesmo dubidou da resolución dos mesmos. Neste intre, un veciño presente no salón de plenos ergueuse dirixíndolle diferentes cualificativo. Motivo polo que tivo que intervir a policía local.

    Pola súa banda, o BNG lonxe de apoiar ó seu socio de goberno, apostou por absterse da votación o que provocou que finalmente a pasarela se vaia conservar baixo unha ventá arqueolóxica. O seu voceiro aclarou que os restos deben ser cubertos ata que se destine unha partida no orzamento do 2011.

    No segundo punto da orde do día. As traballadoras do servizo ATENDO solicitaron á corporación o seu apoio para que se manteña o servizo na estación de renfe. Por unanimidade, o concello instará a Adif e a Fomento manter o servizo.

    Por último, un traballador dun negocio da Baldosa mesmo interveu a continuación, sen estar contemplado na orde do día pedíndolle explicacións á edil de promoción económica en relación á ordenanza municipal das terrazas.

    Redacción Salnés