‘As obras da rúa remataranse e os restos da pasarela serán cubertos’

    secretario_provincialcopy.jpgVILAGARCÍA> Así de contundente se mostrou esta tarde o Secretario Provincial socialista, Modesto Pose, en relación á pasarela de Vista Alegre.

    {flowplayer}images/salnes/PASARELA_VISTA_ALEGRE.flv{/flowplayer}

    Xa o confesaba a edil de Xestión do Territorio, Tania García, a semana pasada. Os restos da pasarela de Arzobispo Andrade ían ser cubertos a pesares da reclamacións tanto de comerciantes coma de veciños.

    E así o reiterou esta tarde o Secretario provincial socialista, Modesto Pose, a pesares de ser aprobado onte a súa posta en valor polo pleno da corporación. Ó tempo acusou ós voceiros do PP, EU e mesmo ó do BNG, de respaldar propostas que non contan cos informes favorables dos técnicos.

    Ante estas acusacións, o socio de goberno do partido socialista, encabezado por Xosé Castro Ratón, mostrou a súa sorpresa ante estas declaracións. Ó seu parecer o feito de que onte se abstiveran da votación non supón unha división de posturas.

    Pero o que nun principio cualificou coma un despiste, despois de escoitala postura dos socialistas, Castro Ratón aconselloulles que meditaran e respectaran a decisión da maioría.

    Haberá que agardar ás vindeiras eleccións para coñecer quen acada o goberno e se se cumpre ou non o acordo plenario aprobado onte.

    Redacción Salnés