O BNG súmase ás novas tecnoloxías de cara ás municipais

    bng_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá o candidato nacionalista presentou o blog da formación e a rede social onde están presentes.

    {flowplayer}images/salnes/BLOG_BNG_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Cunha función dinamizadora e cunha pretensión de chegar a tódolos sectores sociais e económicos. Este é obxectivo polo que o candidato nacionalista de Vilagarcía se somerxeu no mundo da internet.

    Esta mañá presentou o seu blog no que se poderá atopar toda a información relacionada co seu programa electoral e coa súa candidatura. Ó tempo tamén está presente nunha rede social.

    Pola súa banda, o número dous e actual edil de Benestar, Ana Lorenzo, sinalou que xa están a traballar no programa electoral o cal teñen dividido en cinco grandes bloques: promoción económica, igualdade e benestar, desenvolvemento do ámbito periférico, ordenación do territorio e modernización da administración.

    Redacción Salnés