Un motín no cárcere de Punta Cana fai temer pola situación de Hugo Leiro

    joseluisleiro copia100.jpgPONTEVEDRA> Seu pai denuncia a despreocupación dos diplomáticos españois na República Dominicana e da Subdelegación do Goberno.

    {flowplayer}images/salnes/ELBUITRE_MOTIN_CARCERE.flv{/flowplayer}

    A pesares dos seus intento, José Luis Leiro asegura que non foi capaz de contactar co seu fillo dende entón. Unha falta de información da que culpa ós representantes do goberno español na República Dominicana.

    Segundo o pai do mozo, este abandono tamén o está a sufrir por parte da subdelegación do goberno en Pontevedra, institución coa que non tivo máis contacto dende a primeira e única xuntanza de hai varios meses.

    Á espera de noticias sobre o seu fillo, que sería xulgado polo suposto delito de tráfico de drogas o vindeiro día 23 na República Dominicana, José Luis Leiro pensa viaxar a Punta Cana ó longo deste mes.

    Redacción Salnés