As obras do corredor deixan accesos impracticables e augas sen canalizar

bngmalestadopistas.jpgNOIA> A execución do corredor Brión-Noia deixou tras de si todo un regueiro de deficiencias que a día de hoxe continúan sen solucionar.

{flowplayer}barbanza/bngnoiadeficienciascorredor.flv{/flowplayer}

O estado en que quedou o acceso á aldea de Muíño, cunha pendente moi pronunciada e o camiño sen asfaltar é similar á a maioría de accesos e vías secundarias.

Dende o BNG denuncian o abandono por parte da empresa encargada de reposición de servizos que dende o día 1 de abril deixou de traballar na zona sen solucionar moitas das eivas derivadas da execución do corredor.

Ademais do estado das vías de servizo, os nacionalistas chaman a atención sobre outras carencias como as moitas fincas que quedaron se acceso.

Augas sen canalizar

A recollida das augas pluviais tamén quedou en estado deficitario, evacuando nalgúns casos en camiños que quedan totalmente inundados.

Dende o BNG presentarán estas demandas na xunta de portavoces. No caso de non obter resposta levarán unha moción ó pleno e unha iniciativa parlamentaria instando á Consellería de Infraestruturas a obrigar á empresa a asumir os arranxos.

Redacción Barbanza