Rosa Quintana representará a España no Consello da UE sobre Pesca

    cotaslirio.jpgSANTIAGO> A conselleira do Mar asistirá á reunión do Consello de Ministros da UE en representación de tódalas Comunidades Autónomas de España.

    {flowplayer}barbanza/COTASLIRIO1.flv{/flowplayer}

    A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo unha reunión co grupo de traballo do arrastre, durante a cal lle deu a coñecer dous estudos, un biolóxico e outro socioeconómico, presentados a pasada semana en Bruxelas que analizan como afecta á flota galega a redución, nun 93%, da cota asignada para esta especie pola Unión Europea para este ano.

    Perdas millonarias

    Nunha primeira valoración, a Consellería estima que as perdas poderían rondar os 40 millóns de euros. A súa intención pasa fundamentalmente por deixar constancia en Bruxelas de que a pesca en Galicia é un sector vivo, poñendo como exemplo os máis de mil postos de traballo xerados o ano pasado no caladoiro Cantábrico-Noroeste.

    Segundo explicou a propia Rosa Quintana na xuntanza do vindeiro xoves os ministros da UE debaterán sobre temas relacionados coa reforma da Política Pesqueira Común, concretamente sobre o esforzo pesqueiro como sistema para regular as pesquerías. De aí a importancia de participar na mesma co fin de poñer de manifesto a importancia do sector na nosa comunidade.

    Redacción Barbanza