Henrique Outeiral: ‘É unha lei que invita ó contrabando’

    fotocontrabandocopia.jpg VILAGARCÍA> Para a CIG nova Lei de Contrabando favorecerá a proliferación do narcotráfico e facilitará a labor dos contrabandistas.

    {flowplayer}images/salnes/CigLeiContrabando.flv{/flowplayer}

    A nova lei de contrabando aumenta as cantidades de bens que son consideradas delito. O límite de 18.000 euros que a lei vixente, a do 95, establece para que sexa considerado un delito de contrabando, amplíanse con esta reforma a 150.000. E no caso do tabaco pásese de 6.000 a 20.000 euros. Isto supón unha reducción nas penas por levar a cabo unha mesma acción.

    Ademais consideran dende a Cig que a reforma está incompleta, posto que debería ter incluída a calificación do Servizo de Vixilancia Aduaneira como Policía Xudicial.

    Sen esquecer a indefensión xurídica dos funcionarios deste servizo, que no caso de efectuar algunha detención poderían ser acusados de detención ilegal.

    Herique Outerial quixo ademais pedirlles responsabilidade a tódolos grupos políticos. Facendo un chamamento especial ó goberno, do que din, non se está compromentendo.

    Redacción Salnés