Homenaxe a Asorey na presentación do certame Novos Valores

novos_valores100.jpgCAMBADOS> A Deputación de Pontevedra elixiu a Casa dos Fraga, en Cambados para presentar o certame de artes plásticas Novos Valores.

{flowplayer}images/salnes/novos_valores.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> A Deputación de Pontevedra elixiu a Casa dos Fraga, en Cambados para presentar o certame de artes plásticas Novos Valores.

Neste entorno pasou moitas horas o escultor Francisco Asorey, ó que se lle dedica este ano no que se cumpren 50 do seu pasamento. Para a Deputación e para o Concello cambadés é un xeito de homenaxear ó coñecido como escultor da raza.

Os novos creadores, novos por traxectoria, non por idade, teñen do 1 ó 9 de xullo para presentar as súas obras. O certame inclúe diferentes disciplinas como pintura, escultura, debuxo fotografía ou vídeo creación. Normalmente concorren 350 traballos dos cales se seleccionan 40 para optar a seis premios de seis mil euros cada un en bolsas de estudio. Un deles recaerá sempre nunha obra de pintura, xa que está patrocinado polo presidente da empresa Pescanova.

Unha selección das pezas presentadas formará parte dunha exposición que percorrerá localidades da provincia de Pontevedra.

Redacción Salnés