O BNG esixe inversións e prazos firmes para a EDAR de Ribeira

    bngribeiraedar.jpgRIBEIRA> O BNG presentou unha iniciativa no parlamento demandando ó goberno galego información sobre a futura depuradora de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/bngribeiraedar.flv{/flowplayer}

    Esixen un compromiso firme con prazos e inversións definidas e que respecte os acordos unánimes acadados no seu día pola corporación de Ribeira que contemplan os trámites da avaliación de impacto ambiental e sostenibilidade así como unha depuradora específica para o polígono industrial.

    Mediante a iniciativa parlamentaria presentada pola deputada ANA Pontón pretenden obter información sobre a situación en que se atopa este proxecto prioritario para Ribeira que, a día de hoxe, carece dun sistema de deputación cos consecuentes riscos medioambientais e económicos.

    Obriga por lei

    Lembran os nacionalistas que tanto o executivo municipal como o autonómico están a desoír a obriga legal que establece medidas de depuración para os núcleos con máis de dous mil habitantes.

    Redacción Barbanza