A reforma da Xunqueira xa está incluída no proxecto Luz Salgada

    xunqueirapsoe copia100.jpgVILAGARCÍA> Os socialistas responden así á proposta do PP, que comprometeuse a incluír a actuación no seu programa electoral.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_CONCELLO_PROXECTO_XUNQUEIRA.flv{/flowplayer}

    Xa redactado no marco do proxecto Luz Salgada e á espera do informe positivo de Augas de Galicia para comezar co proceso de adxudicación. Este é o estado no que se atopa, segundo os socialistas, o proxecto que o goberno local ten preparado para o parque da Xunqueira. Unha actuación que ademais contaría cun orzamento dun millón douscentos cincuenta mil euros.

    O Partido Socialista sae así ó paso do anuncio que esta fin de semana realizaba o candidato popular. Tomás Fole comprometíase a levar a cabo a posta en valor da zona para potenciar o emprego e o turismo. Unha actitude que foi criticada dende as filas socialistas.

    Tania García sinalou que o proxecto, que se pode ver na web do concello, está á espera do informe de Augas de Galicia dende o pasado mes de marzo, polo que pediu a Fole que interceda para axilizar os trámites.

    Redacción Salnés