Apoio veciñal ó remate do dique da ría de Noia

escollera.jpgNOIA> Este martes presentouse o colectivo ‘Escolleira’, que nace coa finalidade de levar adiante o vello proxecto inacabado da construción do dique.

{flowplayer}barbanza/colectivoescolleira.flv{/flowplayer}

O novo colectivo, que se presentou publicamente na casa da cultura noiesa, leva traballando xa dende hai varios anos. É agora cando se produce a súa presentación oficial, nun momento de espacial preocupación na vila a raíz de que se dera a coñecer o proxecto que levará a cabo Medio Ambiente da retirada do actual dique na ría e a conseguinte rexeneración a zona.

Unha actuación que dende o colectivo consideran insuficiente e que non virá a rematar cun problema que os noieses levan padecendo dende hai tempo.

Recuperación do porto

Precisamente dende o colectivo Escolleira promoven a continuación dun vello proxecto deseñado hai máis de sesenta anos e que quedou inacabado, como é o remate dos dous diques á entrada da ría, o que posibilitaría a recuperación do porto de Noia.

Dende a asociación fan un chamamento a tódolos veciños de Noia que estean de acordo co seu posicionamento a que se integren no colectivo. Para máis información ou realizar calquera tipo de consulta poden dirixirse ó seguinte correo electrónico: colectivoescolleira@gmail.com.

Redacción Barbanza