O BNG pide a declaración de BIC para a posta en valor da mámoa dos Campiños

    bngrianxoxacementos.jpgRIANXO> O BNG levará a pleno unha moción solicitando a declaración de BIC para a mámoa dos Campiños que se atopa practicamente inaccesible.

    {flowplayer}barbanza/bngrianxoxacementos.flv{/flowplayer}

    En 2008, a Xunta de Galicia anunciou a inclusión da mámoa dos Campiños xunto con outros trinta e cinco xacementos megalíticos nun catálogo de bens declarados de interese cultural. Sen embargo, a relación destes elementos arqueolóxicos foi publicada o pasado oito de abril no DOG sen rastro da necrópole rianxeira.

    Sinalización confusa

    Dende o BNG instarán á Xunta a retomar a declaración de BIC para posibilitar a mellora da accesibilidade e dos indicadores que na actualidade están mal colocados.

    Pero ós nacionalistas non só lles preocupa o estado desta mámoa senón doutros moitos vestixios arqueolóxicos do municipio como a necrópole da Foxa Vella ou o conxunto do Monte Pelotiño.

    Para chamar a atención sobre a necesidade de protexer os xacementos, o BNG organizou para este sábado unha actividade divulgativa consistente nun roteiro a pé que partirá ás dez da mañá do Instituto Félix Muriel.

    Redacción Barbanza