Multitudinaria manifestación a prol da sanidade pública

    manifestaciondialiseribeira_100.jpgRIBEIRA> Pacientes, persoal sanitario e veciños anónimos marcharon polas rúas da vila para reivindicar o mantemento dunha sanidade pública de calidade.

    O berro de non á privatización, moreas de persoas chegadas de toda a comarca e mesmo doutros hospitais de Galicia, secundaron a marcha que partía dende o centro de saúde de Ribeira.

    Previsiblemente este venres debaterase en sede parlamentaria a pregunta presentada polo BNG para coñecer as intencións da Xunta sobre o futuro do servizo de diálise.

    {flowplayer}barbanza/manifestaciondialiseribeira.flv{/flowplayer}

    Dende a plataforma non entenden o afán privatizador dun servizo que, no caso de pasar a mans dunha fundación verá notablemente mermada a súa calidade co consecuente prexuízo para os pacientes. Pero a mensaxe da plataforma e dos manifestantes vai máis alá do servizo de diálise.

    Opóñense frontalmente á política que está a desenvolver a Consellería de Sanidade que, segundo denuncian, está a privatizar de xeito progresivo numerosos eidos da sanidade pública.

    Redacción Barbanza