Abre ó trafico o novo vial de acceso ó porto do Xufre

    vial_xufrecopy.jpgILLA> Desde hoxe vehículos, bicicletas e peóns poden percorrer a estrada ata o porto. A Xunta invertiu preto de 7 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/ABRE_VIAL_XUFRE.flv{/flowplayer}

    Dende hoxe, o tráfico que se dirixa ó porto do Xufre, na Illa de Arousa, non terá que pasar polo casco urbano da vila. Despois de catro meses de retraso sobre a data prometida, a Xunta abriu este mediodía o novo vial, un total de tres quilómetros de lonxitude pensados para favorecer a actividade comercial das instalacións portuarias.

    Con esta actuación, retirarase do centro todo o tráfico pesado que cada día atravesa a illa cara o Xufre, evitando ademais a circulación dunha parte dos máis de 7.800 vehículos que acceden á localidade a través do vial Deiro- A Illa. O novo acceso tamén conta con beirarrúas e carril bici.

    A Xunta comezara a redacción do proxecto no 2003, a pesares de que as obras non se iniciaron ata decembro do 2008. Agora a localidade da a benvida a esta importante actuación para a que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura destinou preto de 7 millóns de euros e que xa se considera como a principal dende a posta en servizo da ponte en 1985.

    Redacción Salnés