Durán acusa a Costas do Estado de non investir en Vilanova

    costa_vilanova100.jpgVILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, acusa a Costas do Estado de marxinar este municipio por motivos políticos.

    {flowplayer}images/salnes/costa_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, acusa a Costas do Estado de marxinar este municipio por motivos políticos.

    Durán amosou hoxe un presuposto feito polo servizo provincial de Costas en xuño de 2006 e valorado en 2,4 millóns de euros para facer un paseo marítimo entre as Sinas e o actual porto deportivo. Unha actuación, lembra o rexedor, da que non se fixo nin un só metro.

    Pese a isto, o alcalde vilanovés asegura que o Concello non estivo parado. Onde tiña que comezar o paseo proxectado por Costas o goberno municipal fixo un campo de fútbol novo e aproveitou o Plan E para eliminar o antigo, rexenerar a praia e construír unha zona deportiva, un parque infantil, unha zona verde e un aparcamento.

    Outra actuación que asumirá o Concello dentro dese paseo marítimo proxectado será na zona da Braña. O goberno municipal aproveitará que a Deputación está a arranxar un muro de contención para colocar unha barandilla. Durán asegura que ata que o PSOE se vaia do goberno central este proxecto non se executará.

    Gonzalo Durán falou tamén da zona de Charpo, unha das máis deterioradas da costa vilanovesa. Indicou que a vindeira semana se iniciará o derribo da nave, que financiará a Xunta.

    Redacción Salnés