As monxas de Armenteira elaboran xabóns de aceite de camelia

    xaboncamelia copia.jpg MEIS> Trátase dunha iniciativa realizada en colaboración coa Estación Fitopatolóxica do Areeiro, que se encarga de extraer o aceite, e a Deputación de Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_ACEITE_ARMENTEIRA.flv{/flowplayer}

    O aceite de camelia obtense a partir das sementes desta planta. Posúe importantes propiedades hidratantes, bactericidas e cicatrizantes. Na actualidade, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro conta co equipo preciso para extraer este óleo, de feito, está embarcada nun proxecto piloto para a elaboración de té e aceite a partir de camelia. De agora en diante, as relixiosas do Mosteiro de Armenteira súmanse a esta iniciativa elaborando xabóns co aceite que extraen no Areeiro.

    De acordo co convenio asinado esta mañá entre Deputación de Pontevedra, Areeiro e a congregación de Armenteira, por cada litro de aceite de camelia, as monxas fabricarán 15 xabóns.

    Desde o Areeiro estiman que se progresan estes proxectos de elaboración de té e aceite de camelia, dentro de 10 anos poderían dispor de amplas explotacións que suporían unha importante fonte de ingresos autóctona.

    Redacción Salnés