A ocupación hoteleira chega ó 70% a pesares da chuvia

    balanceturismo copia100.jpgSALNÉS> A campaña de Semana Santa deixou cifras aínda mellores. Por exemplo en Sanxenxo, onde a ocupación hoteleira situouse nun 90%.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_OCUPACION_TURISMO_SALNES.flv{/flowplayer}

    Praia, sol, terrazas e, en moitos casos, procesións, non puideron ser este ano os principais atractivos da Semana Santa galega. As vacacións estiveron pasadas por auga, un factor que sen embargo non puido coa forza do sector.

    Segundo Turismo Rías Baixas, a ocupación media da zona chegou ó 70%. Unha cifra que mellora nalgúns municipios de recoñecido atractivo turístico, como Sanxenxo. Só nesta vila, os hoteis rexistraron un 90% da ocupación.

    As chuvias que caeron en toda España tamén xogaron a favor da oferta turística da nosa provincia, non centrada de xeito exclusivo no sol e na praia. Permitindo que os hostaleiros teñan unha percepción positiva desta campaña.

    Un ano máis, madrileños, sorianos e habitantes do noroeste peninsular son os que máis nos escollen para as súas vacacións. Sendo Portugal, Italia, Xapón e Francia os lugares de orixe de gran parte dos estranxeiros.

    Ademais da hostalería, a Administración provincial tamén celebra estes datos positivos, que agardan que esta tendencia se manteña no verán.

    Finalizadas as vacacións e coa volta do bo tempo, ábrese agora unha das épocas máis beneficiosas para o turismo nas Rías Baixas. Por iso, dende o sector miran ó ceo para que o sol lles acompañe o máximo posible ata finais do verán.

    Redacción Salnés