RIBEIRA> O Club Náutico acolle os catro talleres educativos enmarcados na iniciativa ‘Inmersión na vida e usos mariños da ría de Arousa’,
Alumnos do colexio O Grupo de Ribeira estrearon a actividade ‘Inmersión na vida e usos mariños da ría de Arousa’, un proxecto pioneiro que trata de achegar o mar ós rapaces dende diversos eidos. A iniciativa, promovida pola Mancomunidade Arousa-Norte no marco do proxecto Arousa Submarina, está financiada polo Fondo Europeo de Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería do Mar.
{flowplayer}barbanza/talleresmarinosarousanorte.flv{/flowplayer}
As instalacións do Club Náutico de Ribeira acollen os catro talleres educativos enmarcados na iniciativa. No obradoiro de inmersión, David explícalles o funcionamento dos equipos de mergullo e Jacinto, un experimentado mariñeiro, relátalles como é a vida dun traballador do mar no taller de explotación dos recursos mariños.
Respecto polo medio mariño
Os alumnos van rotando en pequenos grupos ó longo da mañá polos catro talleres. No de vela, coñecen os tipos de embarcacións e tamén aprenden a facer nós mariñeiros. Por último, unha bióloga desvélalles a enorme diversidade mariña existente na ría de Arousa.
A finalidade das actividades é familiarizar ós rapaces ca vida no mar e tamén implicar ós profesionais na ensinanza do coidado e respecto polo medio mariño nas novas xeracións. Os talleres teñen unha duración dun mes, ata o vindeiro 25 de maio. Está previsto que pasen por eles de luns a venres máis dun milleiro de alumnos de primaria dos colexios de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo.
Redacción Barbanza