Un mozo de Muros resulta ferido nun accidente laboral en Ribadumia

    accidenteribmuros copia.jpg RIBADUMIA> Caeu dun poste da luz mentres substituía unha farola. Tivo que ser trasladado en helicóptero ó Hospital Clínico de Santiago.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_LABORAL_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

    Xurxo Monteagudo, de 32 anos e veciño de Muros, traballaba realizando labores de mantemento nun camiño rural de Aldea do Monte, en Lois, como operario dunha empresa contratada polo concello de Ribadumia. Roldaban as tres da tarde cando o mozo se atopaba cambiando esta farola do poste de madeira a un novo de formigón, Ribadumia.

    O poste ó que estaba subido era o de madeira, polo que as primeiras hipóteses apuntan a que o desgaste do material e a súa antigüidade impediu que soportase o peso do traballador e partira pola base. O mozo estaba traballando só, e segundo as testemuñas, permanecía perfectamente suxeito ó poste cun arnés.

    Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, unha patrulla da Garda Civil e Protección Civil de Ribadumia. Tamén se mobilizou ó helicóptero do 112 con base en Santiago. Nun primeiro momento o persoal sanitario asistiu ó ferido dentro da ambulancia, pero minutos despois de valorar a súa situación decidiron evacualo en helicóptero. For trasladado ó Hospital Clínico de Santiago. Os veciños que acudiron ó seu auxilio nada máis caer aseguraban que estaba consciente e que incluso puideron falar con el. Queixábase dunha forte dor no peito.

    Redacción Salnés