Poio anima a época baixa da tempada estival con oferta festiva

    primaveran copia100.jpgPOIO> A programación comeza coa Festa dos Maios e se prolonga todo o verán cunha ampla oferta cultural, deportiva e festiva.

    {flowplayer}images/salnes/PRIMAVERAN_POIO.flv{/flowplayer}

    A oferta comeza coa tradicional Festa dos Maios deste domingo, ademais doutras celebracións previas ó comezo da tempada alta como a Xuntanza de Gaiteiros os días 4 e 5 de xuño ou o Día de Colón, o 12, 17 e 18 do mesmo mes. O programa tamén incorpora varias novidades, como o primeiro Triatlón Porto de Campelo, que se celebrará o día 12 de xuño, e que xunto ó VIII Torneo de Fútbol 7 alevín-benxamín, confirma a aposta do concello polo deporte.

    Comezada a tempada alta, no programa destacan eventos como o Festival Internacional de Folclore, o III Festival da Ameixa, que contará coas actuacións de Astarot e Soraya, a XXIV  Festa da Ameixa no mes de xullo ou a Bandeira de Traíñas do porto de Campelo. Xa a finais do mes de agosto, o concello celebrará a súa festa estrela, a Festa do Mar, que pon a guinda a unha variada oferta pensada tamén para xerar riqueza no municipio.

    A Concentración de embarcacións tradicionais ou Curro de San Ramón, son outras das citas importantes que os veciños e turistas poden atopar en Poio este período estival.

    Redacción Salnés