Arousa Norte homenaxea os rexedores de Rianxo e Ribeira

    homenaxerexedores.jpgBOIRO> Pedro Piñeiro e Xosé Luis Torres Colomer xubílanse da política municipal tras máis de dúas décadas de traballo.

    A Mancomunidade de municipio Arousa Norte rendeu unha homenaxe ós rexedores de Rianxo e Ribeira, Pedro Piñeiro e José Luis Torres Colomer en recoñecemento a toda unha vida ó servizo da política municipal. No acto, que se celebrou na sala de xuntas da casa do concello de Boiro, estiveron presentes os traballadores da entidade supramunicipal, a ex xerente Fátima Rodríguez e a súa sucesora no cargo, Monserrat Iglesias.

    Máis alá do que decidan as urnas o 22 de maio, Pedro Piñeiro e José Luís Torres Colomer xa non volverán presidir a entidade supracomarcal, xa que ámbolos decidiron rematar a súa actividade política no ámbito municipal.

    {flowplayer}barbanza/homenaxealcaldes.flv{/flowplayer}

    Gran familia

    Tras a celebración da derradeira sesión plenaria na que estiveron presentes os catro rexedores, traballadores da Mancomunidade rendéronlles unha sentida homenaxe. Tanto Xosé Deira, que preside nesta quenda a entidade, como Isaac Maceiras coincidiron en subliñar a categoría política e persoal dos homenaxeados. O alcalde de Boiro admitiu que foi un privilexio e unha honra ter traballado con ámbolos dous rexedores.

    Para Maceiras, rexedor pobrés, durante os anos que coincidiron confesou que malia as distintas cores políticas formaron unha gran familia, atopando sempre un punto de entendemento, xa que foron e serán, afirmou, catro amigos.

    Traballo duro

    Pedro Piñeiro recoñeceu irse satisfeito tras o que definiu como “uns anos bonitos”. Tivo verbas de lembranza para o labor de todos os empregados que pasaron por Arousa Norte por ter traballado duro e con ilusión para materializar os proxectos da entidade. Expresou a súa esperanza de que os vindeiros rexedores manteñan o espírito de unión que ata o de agora, dixo, caracterizou a mancomunidade.

    O acto pechou ca entrega de agasallos. Os homenaxeados recibiron un exemplar do Código Calixtino en galego con ilustracións de Francisco Leiro e un pergamiño con verbas de agradecemento ó seu labor. Tamén dende a Secretaría Xeral para o Turismo quixeron lembrarse deles. Así, dende a subdirección xeral de ordenación do turismo enviaron un obsequio e unha misiva para ambos dirixentes.

    Redacción Barbanza