RIBEIRA> Tan só un día antes do inicio da busca con xeo-radar nas fincas da súa propiedade, Ramiro Villaverde declarou ante a xuíz.
{flowplayer}barbanza/declaracionvillaverde.flv{/flowplayer}
Preto das dúas da tarde, Ramiro Villaverde chegaba ós xulgados de Ribeira procedente do cárcere de Teixeiro. Facíao por segunda vez despois de que o pasado oito de abril se acollera ó seu dereito a non declarar diante do xuíz Fernando Ferreiro que decretou o seu ingreso en prisión provisional sen fianza. Desta volta, ante a nova titular do xulgado de instrución número 1, o imputado mudou a súa actitude amosando maior colaboración coa xustiza.
´Contradicións’
Á espera de resolución do recurso contra o auto de prisión, Villaverde permanecerá no cárcere, tal e como confirmou o avogado da familia que aludiu ás numerosas contradicións en que incorreu o acusado durante a súa declaración.
A primeira das inspeccións co xeo-radar realizarase na parcela que rodea a vivenda do imputado en Luou, no concello de Teo. Nas próximas xornadas buscaranse tamén restos noutras dúas fincas da súa propiedade.
Está previsto que os rexistros conclúan o venres aínda que haberá que agardar varias xornadas máis para analizar os resultados.
Redacción Barbanza