Un home armado retén a súa familia na súa vivenda durante oito horas

    secuestro copia100.jpgPONTEVEDRA> A muller, o fillo e unha terceira persoa permaneceron na vivenda dende primeira hora da mañá. Finalmente o home entregouse de xeito voluntario.

    {flowplayer}images/salnes/SECUESTRO_PONTEVEDRA.flv{/flowplayer}

    O suceso comezou ó redor das 9 da mañá. Foi entón cando a Policía Nacional recibiu o aviso de que un home, veciño do lugar de Freixeiro, na parroquia de Mourente, e identificado como Agustín V.R., retiña na súa casa á súa muller, ó fillo de ambos, de preto de doce anos, e a unha terceira persoa, identificada como o xefe da muller. O home, de ó redor de 40 anos de idade, estaba armado.

    Ata 15 unidades da Policía Nacional desprazáronse ata o lugar de Freixeiro, en Mourente. Os efectivos despregaron un importante dispositivo de seguridade ó redor da casa, establecendo un perímetro que por cautela foron aumentando para protexer os veciños, ata alonxar por completo da viven a medios de comunicación e curiosos.

    Ata o lugar tamén se desprazou un negociador da Policía Nacional, que non conseguiu chegar a un acordo co home.

    A familia leva vivindo preto de 15 anos en Freixeiro, unha zona que hoxe se sorprendía con este suceso xa que, segundo os veciños, nada facía pensar que Agustín, propietario dun taller en Pontevedra e afeccionado á caza, tivese algún problema.

    Finalmente, ó redor das 5 da tarde e despois de oito horas de retención, Agustín entregábase voluntariamente e deixaba libre os tres reféns, que non sufriron ningún dano. A muller e o fillo foron trasladados nunha ambulancia do 061 para ser sometidos a un recoñecemento médico. Pola súa banda, o responsable do feito será sometido a unha avaliación psicolóxica e foi trasladado á comisaría, acusado dun delito de retención ilegal.

    Redacción Salnés