A urbanización da PO-531 podería comezar a finais de ano

    reuniopo5312 copia.jpg PONTEVEDRA> O proxecto da obra rematarase en xuño. A Xunta prevé reservar este ano algunha partida orzamentaria para comezar as obras canto antes.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_TOURIS_PO_531.flv{/flowplayer}

    Xuño parece ser a data na que se porá fin a case tres anos de mobilizacións por parte dos veciños de Alba, Curro, A Devesa e Campañó. Son as parroquias afectadas polas obras de urbanización que se pretenden realizar na PO 531. Neste tempo conseguiron evitar o proxecto da anterior Xunta de desdobrar a vía converténdoa nunha estrada de catro carrís. O actual planeamento contempla a urbanización da estrada, sen desdobramentos, adaptándose ás demandas dos afectados. Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra xunto ó xefe do servizo de Infraestruturas informaban ós representantes dos afectados dos avances no proxecto. Rematarase en tempo e forma. O vindeiro mes. E as obras poderían comezar este mesmo ano.

    Desde a plataforma de afectados amósanse satisfeitos polas características do plan e do trazado. En canto ó problema coa ampliación dunhas beirarrúas nun tramo da vía ó paso por A Devesa, xa está resolto. Só quedan por determinar algunhas áreas nas que o plan afectaría a vivendas.

    O alcalde de Barro, José Antonio Landín, asegura que o tratamento desta vía como semiurbano é a mellor opción que se podía tomar, e que a solución ó tráfico entre Vilagarcía e Pontevedra pasa por eliminar a peaxe da AP-9 entre Pontevedra e Barro, unha loita que comezarán en breve.

    Redacción Salnés