AMICOS pide implicación política na inclusión laboral dos seus usuarios

    propostasamicos_100.jpgRIBEIRA> Trasladaron os partidos políticos propostas para a integración en eidos como a inclusión laboral, a vivenda ou a atención sanitaria.

    O director de A Asociación de Familias con Discapacidade Psíquica da Barbanza (AMICOS), Xoán España lamentou que estas vinte propostas sexan as mesmas que xa lles remitiran ás formacións políticas da comarca nos anteriores comicios municipais, o que é indicativo "do pouco que se fixo nestes catro anos".

    {flowplayer}barbanza/propostasamicos.flv{/flowplayer}

    Piden ós concellos que se impliquen na inserción laboral das persoas con diversidade funcional, cunha medida tan sinxela como é cumprir a lexislación nesta materia.

    Dende esta entidade solicitan tamén a aprobación dun plan de promoción e a creación dun consello municipal e comarcal de servizos sociais.

    Falta de vontade política

    Asemade, piden o establecemento de fórmulas de financiamento estables para permitir a prestación de servizos e a posta en marcha con carácter periódico de campañas de sensibilización. No ámbito político, botan en falta a incorporación ás listas electorais dos partidos persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Outra proposta é o compromiso para promocionar a construción de vivendas de protección oficial, tuteladas e residencias.

    Dende AMICOS consideran como principal impedimento para materializar estas propostas a falta de vontade política por diante, mesmo, da falta de recursos.

    Redacción Barbanza