‘Non’ ó traslado de ENCE

    fotoencecopia.jpg PONTEVEDRA> Os comités de empresa de ENCE, NORFOR, ELNOSA e CCOO  cren que a moción aprobada por BNG e PSOE fará pechar a fábrica.

    {flowplayer}images/salnes/CCOO_TRASLADO_ENCE.flv{/flowplayer}

    Despois de que o pasada semana, se aprobase no pleno da corporación de Pontevedra dita moción co voto favorable de PSOE e BNG pola que rexeitan calquera outra ubicación de ENCE dentro do concello de Pontevedra, esta mañá comisións obreiras mostrou a súa oposición a dito acordo. E é que o grupo empresarial ENCE xera máis de 400 postos de traballo.

    Neste contexto, sinalaron que non é o momento para o traslado e que deben ser os políticos os que xeren as condicións idóneas para que se manteña os empregos. Mentres non lles dean unha alternativa seguirán defendendo os postos de traballo.

    O delegado sindical de ENCE, Antonio Ligero, lembrou, por último, que ENCE é a empresa que máis postos de traballo xera e a que máis enerxía eléctrica produce con fontes renovables.

    Polo momento nos vindeiros días solicitarán unha entrevista cos candidatos dos tres partidos con representación no concello, BNG, PSOE e Partido Popular.

    Redacción Salnés