Agasu busca o mellor sumiller galego do 2011

    sumiller copia100.jpgPONTEVEDRA> 23 profesionais participaron na XV edición deste Campionato, que levará o vencedor a competir nos certames a nivel estatal.

    {flowplayer}images/salnes/SUMILLERES.flv{/flowplayer}

    Buscar o mellor sumiller galego foi o obxectivo da edición do campionato celebrada hoxe, unha intención para a que os participantes foron sometidos a complicadas probas como a cata a cegas de tres produtos, a corrección dunha carta errónea, exames teóricos ou a decantación e servizo do viño. Todo para demostrar que posúen as calidades que debe ter un bo profesional.

    E é que esta é unha figura puxante dentro do mundo da hostalería, que cada vez conta con máis peso. Un traballo que supón un grao máis de profesionalización neste servizo.

    A pesares de que este evento cumpriu co de hoxe a súa décimo quinta edición, é a primeira vez que conta coa colaboración dun Consello Regulador. Un feito que se valora positivamente dende este órgano da DO Rías Baixas.

    O gañador deste campionato foi recoñecido como Sumiller Galego do ano, e actuará como representante galego nos certames a nivel estatal.

    Redacción Salnés