San Salvador de Meis rende unha homenaxe ós seus maiores

    novas_instalacions copia.jpgMEIS> Ademais, o xantar celebrouse no novo Centro Social da Comunidade de Montes da parroquia que estrearon para a ocasión.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_CENTRO_SOCIAL_MEIS.flv{/flowplayer}

    Como cada dous anos, a Comunidade de Montes da parroquia de San Salvador de Meis, no concello de Meis, rendeu un sentir homenaxe ós seus maiores. Nesta ocasión quizais nunha celebración máis especial ca nunca xa que o xantar transcorreu no novo Centro Social da parroquia que estrearon para a ocasión. Máis de duascentas cincuenta persoas, entre as que se atopaban varias xeracións de cada familia, participaron neste gran día.

    Aínda que polo de agora non decidiron o fin que lle van outorgar ó centro, si teñen claro que será para o goce de tódolos veciños da parroquia.

    Entre os convidados tamén se atopaba o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o alcalde de Meis, José Luis Pérez, que non perderon a cita como cada ano.

    As estas novas instalacións únese o acondicionamento do entorno e a creación dun parque infantil.

    Redacción Salnés