A escola infantil municipal contará con 30 novas prazas no 2012

    beatriz_matocopy.jpgVILANOVA> Así o anunciou a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, trala xuntanza que mantivo co alcalde do municipio.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_BEATRIZ_MATO.flv{/flowplayer}

    Este compromiso suporá o incremento dun 34% no número de prazas na escola infantil co que darán cabida a un total de 117 cativos de entre cero a tres anos.

    Este anunciou, contribuirá, ademais, tal e coma sinalou a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, á conciliación da vida familiar e laboral das familias do concello. Segundo o alcalde, este aumento responde á unha demanda real dos vilanoveses.

    A Conselleira destacou, ademais, que as obras poderían comezar este ano, de xeito que, as novas instalacións estarán operativa no 2012.

    Mato tamén adiantou que o proxecto do centro de día no Pazo de Vista Real atópase en fase redacción e que estudarán as posibles liñas de colaboración na escola taller. Pero antes de desprazarse ata Vilanova, a Conselleira tivo ocasión de coñecelas instalacións do Centro de Día Con Eles. Alí solicitáronlle o incremento do número de prazas concertadas.

     

    Redacción Salnés