Unha moza noiesa morre presuntamente pola súa exparella

    NOIA> Unha moza noiesa de 19 anos ven de morrer acoitelada no centro urbán de Noia cando se atopaba coidando o seu irmán pequeno de a penas…

    {flowplayer}images/salnes/noiesa_asasinada.flv{/flowplayer}

    … 2 anos. A víctima, Gloria García, pereceu nesta vivenda familiar sita na Rúa de Galicia, onde foi atopada agonizando nunha poza de sangue, por outro irmán seu pasadas ás cinco da tarde de onte. O seu corpo, aínda con vida, presentaba varias puñadas na zona do tórax e do abdome. No seu auxilio acudiu unha ambulancia medicalizada cun médico do PAC de Noia que non a deu reanimado. A investigación xudicial impón o segredo do sumario, con todo, xa se sabe que a principal hipótese que se baralla apunta a que podería deberse a un crime machista.

    Gloria podería ser a primeira víctima da violencia de xénero galega por este ano e a número 23 a nivel nacional; posto que tódolos indicios apuntan a que o autor podería ser a súa ex-parella; un veciño de Teo, de 31 anos, residente no Milladoiro, co que víctima rompera a súa relación que se prolongará nos últimos dous anos. Veciños da contorna aseguran que onte mesmo viron o coche do presunto asasino nas proximidades da vivenda.

    Axentes da policía xudicial estiveron rexistrando o entorno da Ponte de Traba, na procura da posible arma homicida; e continúan na busca da ex-parella de Gloria, arestora desaparecido. Os restos de Gloria foron trasladados ó Instituto Anatómico Forense co fin de esclarecelos detalles dos feitos mediante a autopsia.

    Namentres en Noia, esta mediodía celebrouse un pleno de caracter extraordinario no que se declarou este sábado como día de loito oficial, e onde o seu alcalde, Rafael García Guerrero fixo unha sentida chamada á concienciación cidadá non só para atallar este tipo de mortes, senón para que sexa o global da sociedade a que se implique na erradicación de calquera tipo de violencia ou ameazas machistas. Esta tarde está prevista unha manifestación que partirá ás oito da tarde da Praza do Concello.

    Redacción Salnés