Conmoción en Noia trala morte de Gloria García

    NOIA> Gloria García Martínez, a moza de 19 anos asasinada a coiteladas o venres en Noia, recibiu hoxe un multitudinario adeus nesta vila.

    {flowplayer}images/salnes/busca_e_captura.flv{/flowplayer}

    O funeral tivo lugar na igrexa de San Martiño de Noia, de onde partiu ó cemiterio de Lesende, en Lousame, de onde é orixinaria a súa familia. Entre os asistentes ó sepelio palpábase a dor e a carraxe que xerou esta macabra matanza a unha rapaza que era exemplar nos estudios e que adicaba gran parte do seu tempo ó coidado do seu irmán pequeno.

    Ante a impotencia de feitos como estes, o Concello noiés decretou onte xornada de loito e convocou para a tarde na Alameda de Noia un acto de concentración na súa honra e en contra da violencia de xénero á que acudiron centos de persoas. E é que todo apunta a que este podería ser o primeiro caso de violencia de xénero que se dá este ano en Galicia; unha hipótese que cobra aínda máis forza tralos comentarios de varios amigos e veciños da víctima que dan conta do caracter posesivo e ciumento da ex-parella de gloria, o veciño de Teo, Miguel Hervella Vilariño, quen xa lle ocasionara algún problema en público recentemente no enterro dunha das súas avóas.

    Alerta internacional de busca

    Miguel Hervella Vilariño, o que fora a parella de Gloria durante os últimos dous anos ata fai un mes continúa en paradoiro descoñecido desde o venres á tarde, cando algún veciño de Noia veu o seu coche aparcado nas inmediacións da casa da víctima, na rúa de Galicia.

    As forzas da orde están a investigar as últimas comunicación telefónicas feitas polo presunto asasino e tamén as recibidas pola víctima na procura de pistas que leven o desenlace desta investigación que continúa aberta e da que non se descarta polo de agora, ningunha das hipóteses.

    A parella coñecérase por Internet e a partir de aí era frecuente velos pasear por Noia, e en Santiago, onde ela cursaba estudios universitarios e el completaba cun master os seus estudios de psicoloxía.

    Redacción Salnés